Skip to main content
Lugo

O PP insta ao Concello de Lugo a que conteste á Xunta para avanzar no Plan Paradai

O Partido Popular, que mantivo unha reunión de traballo coas asociacións veciñais coa Asociación de Gatos Roxos, Paradai e Polvorín San Xosé, coincidiu con elas en que “se debe traballar co máximo rigor, transparencia e consenso entre as administracións implicadas para rematar cando antes esta intervención transformadora do barrio”.

Así, o PP insta ao Goberno local a que conteste o requerimento da Xunta para avanzar no Plan Paradai, xa que os populares entenden que a publicación no BOE dunha segunda adenda ao convenio entre Concello e CHMS certifica que o 2023 “foi outro ano perdido para impulsar esta infraestructura”.

Na tramitación desta obra “hai unha clara falta de xestión e ineficacia por parte do goberno local” acalrando que “tamén se falta á verdade” como se confirma nas respostas que a concelleira Paula Alvarellos deu en Comisión de Economía cando se lle pide explicación sobre “se estaban acordadas coa CHMS as aliñacións para proxectar a vía e se se lle comunicaran á Xunta”, explican.

A resposta de que “ao momento actual, as aliñacións son as que están no PXOM, no futuro, cando se desenvolva o proxecto se determinará” indican desde o PP, que acusan ao Goberno local de non facer os seus deberes e non entregar unha documentación importante para que a Xunta desenvolva o proxecto.

Así, conclúen que “todo apunta a que para minimizar o risco da elevación da lámina de auga e das inundacións podería reducirse a anchura da ocupación da futura rúa prevista en el PXOM e, polo tanto, cambiarían as aliñacións”.