Skip to main content
Lugo

A Escola de Música inaugura a placa na honra ao mestre Fernández Engroba

Por 25 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A Escola de Música Municipal de Lugo homenaxea ao seu Mestre Fernández Groba mediante a instalación dunha placa que recorda a súa dedicación e paixón que permitiu elevar a calidade artística dos músicos e músicas de Lugo.

Durante o acto celebrado nas instalacións da Escola sitas no primeiro andar do C.S. Uxío Novoneyra, despregouse un rótulo e un retrato do músico na entrada do ESMU como mostra de agradecemento polo labor a favor da cultura musical da cidade amurallada. Maite Ferreiro anunciou que o Goberno de Lugo iniciará os trámites para que a Escola Municipal de Música pase a levar o nome do mestre Indalecio Fernández Groba

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro insistiron en que “o Mestre Fernández Groba deixará para sempre unha pegada imborrable na escena musical local, cultivando talento e guiando a novas e novos artistas cara ao éxito”, unha paixón pola ensinanza musical que, explican, merece o máis sincero dos recoñecementos.