Skip to main content
Lugo

Lara Méndez promete a modernización do comercio de proximidade con Besteiro

Por 26 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Lara Méndez, candidata por Lugo polo PSdeG-PSOE, mantivo un encontro cos representantes do comercio de Lugo e provincia para trasladarlles a importancia que terá este sector no goberno da Xunta con José Ramón Besteiro como presidente, “porque o comercio local non só é clave na dinamización económica das cidades, creando riqueza e postos de traballo, tamén ten unha vertente social moi importante xa que son os negocios de proximidade os que enchen de vida os nosos barrios. Por iso é tan importante a súa potenciación e a súa protección fronte aos grandes centros comerciais”, sostivo.

Por iso, destacou a importancia de dispoñer dunha estratexia transversal para o comercio, “inexistente durante todos os anos de goberno da Xunta do PP, que agora utilizan os fondos Next Generation, que tanto denostan publicamente, para darlle apoio, “fondos, por certo, que en moitas liñas tamén tivo que devolver por non ser capaces de executalos”. “Tras a pandemia _lembrou Méndez_ pedímoslle que os recursos que deixaba de gastar os transferise aos concellos, pero nin transferiu nin chegaron ás mans dos comerciantes”.

A transformación dixital, o impulso de novos modelos de negocio, a capacitación e formación dos profesionais do sector, o relevo xeracional, a eficiencia enerxética e a mellora de experiencia de compra dos usuarios son algunhas das medidas que activará o goberno de José Ramón Besteiro, así como o impulso das infraestruturas e a rehabilitación dos barrios, “onde a Xunta ten competencias e que agora os concellos queremos impulsar cos fondos europeos, pero é necesaria a previa validación da Xunta”, para crear contornas máis peonís e naturalizadas ou a mellora da rede de buses interurbanos.

Nesta estratexia transversal “adquirirá tamén un papel de dinamización do turismo sostible.

Lara Méndez destacou que “estas carencias en Lugo as fomos cubrindo desde o Concello malia que gran parte das competencias son autonómicas, aportando 8 millóns de axudas directas aos comercios tras a pandemia, desenvolvendo cursos de capacitación, dinamizando os barrios con actividades, dando apoio á dixitalización e impulsando novos negocios de emprendedores, entre outras medidas”.