Skip to main content
Lugo

Veciños reclaman o cambio de alumeado na rúa Germán Alonso

Por 26 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A Federación de asociacións de veciños de Lugo afirman que a veciñanza da rúa Germán Alonso e a súa contorna, púxose en contacto con eles para queixarse de que teñen unha iluminación na súa rúa moi deficiente. “Unha iluminación que minimamente se mantén pola luz dos establecementos comerciais”, din.

A rúa Germán Alonso é unha rúa moi céntrica e moi mal iluminada. Desde a Federación de asociacións veciñais Lucus Augusti solicitna por tanto á Concellería de Mobilidade e Infraestruturas do Concello de Lugo que renove o alumeado público da rúa Germán Alonso, por unha iluminación máis intensa, máis moderna e con menos contaminación.

“Agardamos, que, dada a alta importancia e urxencia da nosa petición, sexa tida en conta, pola devandita Concellería”, conclúen.