Skip to main content
Lugo

A alcaldesa de Lugo Paula Alvarellos recibe ao presidente do Goberno no Impulso Verde

Por 27 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu este sábado ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, nunha recepción que tivo lugar no edificio Impulso Verde. Tras o saúdo institucional, ambos participaron nunha visita polo inmoble onde os responsables do proxecto explicaron as particularidades da construción e a súa capacidade para reducir emisións.

Sánchez eloxiou esta iniciativa municipal, todo un referente arquitectónico na loita contra o cambio climático, que ademais realiza unha función divulgativa e incentiva o uso da madeira como elemento estrutural na edificación.

Pola súa banda, a rexedora trasladou ao presidente a importancia estratéxica deste edificio dentro da política de diversificación industrial do municipio, que se sustenta en valores ambientais e pretende fomentar a economía circular.

Alvarellos expresou ademais a súa satisfacción pola visita do Presidente Sánchez ao primeiro edificio público construído con madeira de Galicia e reafirmou o compromiso da Administración local co desenvolvemento sostible. No acto tamén participaron o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, o secretario xeral do PsdeG, Valentín González Formoso, así como o resto de concelleiros de grupo de goberno e portavoces da Corporación.