Skip to main content
Monterroso

O Concello de Monterroso fallou os premios de poesía infantil 2023

Por 11 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Monterroso fallou os premios de poesía infantil 2023 que foron convocados polo propio Concello en colaboración coa Biblioteca Pública Lorenzo Varela polo Nadal.

Así, Mar Piñón Carballo e Lía López Gómez, na categoría ata 8 anos, foron as gañadoras e agora participarán na fase provincial do certame.

A concelleira Jessica Rodríguez foi a encargada de entregar os diplomas e os agasallos esta mesma tarde.