Skip to main content
Monterroso

O Concello de Monterroso deu a coñecer aos gañadores do IV Concurso de decoración de Nadal

Por 13 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Monterroso deu a coñecer aos gañadores do IV Concurso de decoración de Nadal no que o tema xirou ao redor ao ambiente destas datas.

Houbo dúas categorías, a Comercial cun primeiro premio de 250 euros e un segundo de 200 euros e a categoría Asociativa con 150 euros os dous premios. Os premios están distribuídos en tarxetas moedeiro para consumir en empresas locais.

Na comercial o primeiro premio foi para Eva Ríos e o segundo a Floristería Divina. Na categoría asociativa os gañadores foron a Anpa Ceip Monterroso e Taller da Ulloa.

O Concello de Monterroso agradece a participación no certame, así como o alto nivel das decoracións, o que animou ao consumo na vila durante o
Nadal.