Skip to main content
Monterroso

A Deputación supervisou as melloras que acomete a Asociación de Pescadores da Ulloa no criadeiro de troitas de Augalavada, en Monterroso

Por 23 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, supervisou as melloras que está acometendo a Asociación de Pescadores da Ulloa no criadeiro de troitas que ten en Augalavada, na parroquia de Casadenaia, en Monterroso, cunha axuda económica da institución provincial de 8.000 euros. José Tomé, xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, percorreu as instalacións con representantes do colectivo.

A achega da Deputación serviu concretamente para a construción dun almacén de apeiros e para instalar unha pasarela de madeira natural sobre o rego Rao nas instalacións do criadeiro de troitas coas que conta o colectivo. A pasarela servirá para os labores de cría, pero tamén para darlle continuidade ao paseo existente na marxe do río Ulla ao seu paso polo municipio monterrosino.

Máis de 600 socios forman parte da Asociación de Pescadores da Ulloa, unha sociedade que naceu no ano 2000 en Monterroso co obxectivo de afianzar a pesca sostible. Este é un dos colectivos de pesca con maior número de integrantes da provincia, e tamén é un referente polas iniciativas que desenvolve nos tres cotos nos que actúa: no detengo intensivo da Ulloa, o de Monterroso e o de Antas de Ulla.