Skip to main content
Chantada

Os veciños de Chantada aínda poden participar na campaña de Nadal da Asociación de Empresarios

Por 3 Xaneiro, 2024Febreiro 2nd, 2024Sin comentarios

Ata o 8 de xaneiro aínda se pode participar na campaña de Nadal en Chantada, organizada pola Asociación de Empresarios de Chantada coa colaboración do Concello, e na que se sortearán un total de 5.000 euros en premios.

A través da iniciativa, coa que todos os que merquen na vila entran en sorteos de bonos descontos para gastar nos negocios de Chantada, preténdese impulsar o comercio local.

Trátase dun proxecto cofinanciado pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, que conta coa colaboración da CCA Ribeira Sacra de Chantada.