Skip to main content
Chantada

A exposición ‘La hija de María’ de Niurys Rivera pode verse na Casa da Cultura de Chantada

Por 8 Xaneiro, 2024Febreiro 2nd, 2024Sin comentarios

A Casa da Cultura de Chantada acolle, durante este mes de xaneiro, a exposición ‘La hija de María’ da pintora Niurys Rivera Machado.

As persoas interesadas en visualizar a súa obra poderán facelo de forma gratuíta de luns a sábado de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

Niurys Rivera Machado é unha artista plástica cubana, pintora, ceramista e fotógrafa que xoga coas identidades e nesta exposición mostra unha parte máis persoal.