Skip to main content
Chantada

Chantada Quere Sanidade convoca unha nova manifestación este sábado en protesta pola situación sanitaria

Por 10 Xaneiro, 2024Xaneiro 11th, 2024Sin comentarios

Chantada Quere Sanidade concentrarase este xoves, 11 de xaneiro, ás 19.00 horas, no segundo andar do Casino de Chantada para informar dos etalles pormenorizados da situación “dramática” que vive a sanidade no sur de Lugo, situación parella a de outros puntos de Galicia.

Ademais, convoca tamén unha manifestación para o día 13 de xaneiro ás 12.00 horas, que recorrerá a vila “coa intención de que se revirtan as políticas que impiden unha digna atención aos usuarios da Sanidade Pública”, sostiveron desde a plataforma, incidindo en que “debemos recordar que coas vidas non se xoga e que a Sanidade Pública é un dos bens máis prezados que temos como sociedade”.

Así, explican que despois de dúas concentracións e unha carta á xerencia que a día de hoxe non tivo resposta, a plataforma decide volver denunciar esta situación, xa que as problemáticas que viñan acontecendo dende fai anos no que respecta Centro de Saúde de Chantada e tamén no Hospital Comarcal de Monforte, “agrávanse cada mes ou case cada semana ante a pasividade dos responsables sanitarios que viven de costas a perigosa realidade para os usuarios que eles mesmos están creando”.