Skip to main content
Chantada

Mobilizaranse 38,68 hectáreas de terreo para construír o polígono agroforestal de Sabadelle

A Xunta vén de declarar de utilidade pública o polígono agroforestal de Sabadelle, parroquia de Chantada, que permitirá a mobilización de 38,68 hectáreas de terreo, é dicir, 114 leiras de 80 propietarios.

A declaración implica o recoñecemento da existencia de razóns de interese público para aplicar a tramitación de urxencia do procedemento, que porá a producir áreas de terra agroforestal con capacidade produtiva, pero que actualmente están en estado de abandono.

Ademais, con esta iniciativa búscase a mellora da estrutura territorial de explotacións ou a posta en marcha de novas iniciativas produtivas, así como o desenvolvemento da súa capacidade produtiva.

O polígono de Sabadelle formará parte da denominación de orixe Ribeira Sacra, xa que a zona na que está, está delimitada na área de actuación de varias indicacións xeográficas protexidas.