Skip to main content
Pantón

Os Reis Magos visitaron o centro de día, o PAI e a Casa de Cultura de Pantón

Por 6 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Este venres os Reis Magos de Oriente visitaron Pantón. Ao longo da mañá estiveron no centro de día e no PAI.

Xa pola tarde, achegáronse á Casa da Cultura do Concello, onde tiveron lugar xogos e obradoiros. A partir das 18.30 horas Melchor, Gaspar e Baltasar recibiron ás nenas e nenos.