Skip to main content
Pantón

O Entroido de Budián celebrarase en Pantón o vindeiro 11 de febreiro

Por 16 Xaneiro, 2024Febreiro 13th, 2024Sin comentarios

A Asociación de Veciños San Brais de San Romao de Acedre e a Asociación Cultural Segredos de Pantón organizan o tradicional percorrido do “Entroido de Budián” pola parroquia de Acedre.

Así, o vindeiro domingo 11 de febreiro sairán ás 10.30 dende o Campo en Budián, percorrendo todas as aldeas de Acedre e incluso algúns lugares estremeiros pertencentes á freguesía de Santiago de Cangas.

Desta maneira, todas as persoas que se animen a participar desta iniciativa, poderán facelo uníndose coa súa caracterización á tradición do entroido, no que ademais estarán os Farranquís e os Brancos.