Skip to main content
Pantón

Pantón acolle unha xornada técnico-práctica sobre a poda de inverno no viñedo

Por 23 Xaneiro, 2024Febreiro 2nd, 2024Sin comentarios

A Oficina Rural de Monforte e a Subdirección Xeral de Planificación da Extensión Agraria organizan unha xornada técnico-práctica da poda de inverno no viñedo.

Esta iniciativa, que se desenvolverá o 30 de xaneiro de 15.30 a 18.30 horas terá lugar na Ribeira de Espasantes, en Pantón.

Así, todas as persoas interesadas en participar xa poden inscribirse a través dos números 982 88 91 15 ou 982 88 91 14 de forma gratuíta ata chegar ao máximo de prazas, que son 15.