Skip to main content
Quiroga

A chegada dos Reis Magos a Quiroga traerá consigo sorpresas para os máis pequenos

Os Reis Magos estarán en Quiroga este venres día 5, día no que está previsto que as Súas Maxestades se acheguen ata o Centro de Día da Ribeira e a Residencia da Terceira Idade.

Así, ás 18.00 horas comezará o desfile da comitiva coas Súas Maxestades ao longo da rúa Real, dende a Casa da Cultura ata o Auditorio Municipal. Este ano os Reis Magos non desfilarán nas súas tradicionais carrozas e farano nun vehículo máis especial.

Por outro lado, no auditorio todos os nenos e nenas terán tempo de falar cas súas maxestades e recordarlle as súas peticións para esa noite. Non faltará unha bolsa con caramelos para os nenos que se encargarán de entregar os paxes, e unha vez máis os caramelos serán sen gluten. E para rematar, todos os nenos e nenas que o desexen estarán convidados a chocolate con churros.