Skip to main content
Quiroga

O musical ‘Unha noite na eira do trigo’ representarase este sábado en Quiroga

Por 5 Xaneiro, 2024Xaneiro 6th, 2024Sin comentarios

Quiroga acollerá este sábado o musical ‘Unha noite na eira do trigo’, baseado no poema de Manuel Curros Enríquez, que posteriormente sería unha famosa cantiga que Los Tamara fixeron famosa e que despois se levaría por distintos escenarios do mundo. A banda sonora corre da man da orquestra La Ocaband, contando coa participación da voz de Chápelo (grupos Solano e Solara).

Trátase dun musical diferente onde se mestura o teatro, o cine e a música para trasladar ao espectador dende a actualidade ata os anos 30 e 80. Así, o actor Pepo Suevos fai de narrador do musical xunto con Ruth Núñez.

No musical tamén participa un veterano da interpretación, Manuel Manquiña. O traballo dirixido por Xoán Manuel Paradela (musical), Daniel Dopazo (artístico) e Carlos Alleres (creador da idea e produtor audiovisual), combina ao longo de noventa minutos momentos musicais, con cancións de Los Tamara, con teatro e cinema. Ao longo do audiovisual figuran historias de tres xeracións diferentes expoñendo escenas moi emotivas.

Este musical, a base de imaxes e música, transportará ao espectador a épocas pasadas e tamén o mantén na actual, é a terceira vez que se representa, a primeira vez foi o seu estreo o pasado mes de decembro en Sanxenxo e a segunda en Noia.

A actuación, con entrada libre terá lugar o sábado día de Reis, ás sete da tarde no Auditorio Municipal e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Quiroga.