Skip to main content
Quiroga

Isabel Rodríguez informou ao alcalde de Quiroga dos investimentos que está a facer o Goberno central no municipio

Por 10 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, realizou unha visita institucional ao Concello de Quiroga para presentarse ante o novo rexedor, José Luis Rivera e manter un encontro no que se abordaron cuestións relacionadas co papel desenvolvido polo Estado no Concello.

Rodríguez informoulle dos investimentos que está a realizar o Goberno no concello como é o caso da posta en marcha de internet a alta velocidade en 726 vivendas e empresas, que se está a despregar no municipio e parroquias, apostando por levar a modernización das infraestruturas de rede ao rural. “Con estes investimentos, a Quiroga se lle facilitan opcións en materia de infraestruturas xunto co resto dos municipios lucenses, velando pola importancia que teñen os seus cidadáns para a comarca e o conxunto da provincia“.

A subdelegada tamén animou ao rexedor a solicitar a axuda do Goberno e da subdelegación cando a precise e de seguir apoiándose mutuamente para desenvolver todo o potencial do municipio e así lograr unha provincia moito máis cohesionada e dinámica que mellore a vida dos seus habitantes.