Skip to main content
Quiroga

Quiroga acolleu a primeiro taller de memoria e estimulación cognitiva con gran participación

Comezan en Quiroga os talleres de memoria e estimulación cognitiva, organizado entre o departamento de Servizos Sociais do Concello de Quiroga e a asociación AFAMON.

Co inicio do ano, o departamento de Servizos Sociais do Concello está organizando as actividades para o Centro de Día e o Centro Social co fin de promover aquelas actividades que funcionan ben, á vez que se buscarán outras demandadas por usuarios e que se poidan levar a cabo, como matizou o concelleiro deste departamento, Xosé Manuel Fernández Montes.

No Centro de Día, enfocado á comodidade dos usuarios e como complemento da actividade que se leva a cabo de atención social, terapia ocupacional, actividades recreativas cunha función rehabilitadora e estimulativa, etc. púxose en en marcha o taller de estimulación cognitiva que se desenvolverá todos os xoves entre as 18.30 e as 20.00 horas ata o 27 de xuño.

No referente ao Centro Social vanse manter as manualidades, ximnasia, baile, bingo, ou o taller de memoria, pero coa intención de recuperar todas aquelas actividades que que se levaban a cabo antes da pandemia e tamén outras novidosas como un faladoiro con convidados, no que a persoa convidade introduza un tema sobre o que todos poidan falar e opinar.