Skip to main content
Quiroga

A LU-933 que une Quiroga coa Rúa está sendo reparada por mor dun derrube

Un derrube cortou a estrada LU-933, unha estrada vella que une Quiroga coa Rúa, e que dá acceso ao núcleo de Vilaster, concretamente no km 45.50, nas inmediacións da ponte sobre o regueiro da Escrita, entre as Farrapas e A Venta Nova.

O derrube do barranco comunicouse ao 112 mobilizando á Policía Local e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, titular desta estrada.

Así, efectivos do mantemento das estradas estiveron retirando a terra caída sobre a estrada cunha pa, librando parte do firme para deixar pasar os vehículos con precaución, aínda que se segue traballando na retirada da terra.