Skip to main content
Quiroga

O vindeiro 12 de febreiro terá lugar a tradicional visita ao Oso de Salcedo desde Quiroga

Por 18 Xaneiro, 2024Febreiro 13th, 2024Sin comentarios

O Concello de Quiroga organiza unha saída para ver o Oso de Salcedo o vindeiro luns de entroido, o 12 de febreiro, que será aberta a todas as persoas que queiran participar.

Así, as persoas interesadas deberán inscribirse previamente na Casa da Cultura ou no Concello antes do 8 de febreiro, onde se asinará un documento para a protección de datos. Ademais, os menores de idade deberán presentar unha autorización asinada polos proxenitores.

Esta actividade que xa se realizaba hai uns anos, volve retomarse, como matizou o concelleiro de Xuventude, Luís Manuel Arias, “tras a petición da veciñanza para facilitar a participación neste emblemático entroido da comarca”.

Esta saída, cuxo límite é de 32 persoas, iniciarase arredor das 16.00 horas e volverá ás 06.00 horas da madrugada e terá un custo de cinco euros, que se deberán de abonar no momento de subir ao autobús.