Skip to main content
Quiroga

O centro social de Quiroga vai poñer en marcha un novo faladoiro

Por 27 Xaneiro, 2024Xaneiro 28th, 2024Sin comentarios

O centro social de Quiroga vai poñer en marcha unha nova actividade. Trátase do Faladoiro, unha actividade que impulsada pola Concellería de Servizos Sociais, e que consistirá en charlas-coloquios arredor dun tema e dunha persoa convidada que achegue experiencia e vivencias sobre o mesmo e que se desenvolverá o derradeiro mércores de cada mes.

A persoa convidada nesta primeira xuntanza que se desenvolverá na biblioteca do centro ás seis da tarde do vindeiro mércores 31 de xaneiro, será Mari Carme do Freixeiro. Neste primeiro Faladoiro os temas a tratar serán a atención e comprensión ás persoas maiores e a experiencia de superar unha enfermidade grave.

A convidada, Mari Carme, contará as súas experiencias como extraballadora do servizo de atención ao Fogar e como loitadora contra unha enfermidade grave. As persoas que asistan poden intervir no coloquio que ten como obxectivo –como matizou o concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández- “coñecer aspectos da vida que compartidos sempre se levan mellor, ademais da aprendizaxe que se pode sacar da interacción social”.