Skip to main content
Quiroga

Aínda está aberto o prazo para participar do concurso de deseño de carteis da Feira do Viño de Quiroga

Por 30 Xaneiro, 2024Febreiro 16th, 2024Sin comentarios

O Concello de Quiroga convoca por primeira vez un concurso de deseño gráfico para elixir o cartel anunciador da XLII Feira do Viño de Quiroga.

No concurso poderá participar toda a poboación, con traballos en formato A3 e técnica libre e cada participante poderá entregar só un cartel que se presentará en soporte ríxido para facilitar a súa exposición.

Os carteis deben aludir ao espírito da Feira do Viño de Quiroga, facendo especial fincapé no mundo do viño e no patrimonio e na cultura, quedando totalmente prohibida a utilización de calquera intelixencia artificial para a realización do seu deseño.

Así, o cartel deberá incluír: XLII Feira do viño de Quiroga, a data de celebración (30 e 31 de marzo), e os logotipos, que son o Escudo oficial do Concello de Quiroga, o da feira do viño de Quiroga, o do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel co distintivo da UNESCO Global geopark, Ribeira Sacra Consorcio de turismo e o logotipo do Camiño Xacobeo de Inverno.

Os traballos deberán ser presentados antes do 16 de febreiro na Casa da Cultura, nun sobre pechado co lema do cartel e os datos da autora ou autor, nome e apelidos, nome artístico, o enderezo e o número de teléfono.

O deseño gañador, que se premiará con 300 euros, será empregado como cartel anunciador da XLII Feira do Viño de Quiroga e os carteis finalistas poderán ser expostos se o Concello así o considera e quedarán en poder do Concello de Quiroga.