Skip to main content
Quiroga

Coureleando organiza unha nova ruta circular que irá desde A Seara ata Formigueiros

O colectivo Coureleando organiza unha nova ruta para o vindeiro 3 de febreiro, que percorrerá A Seara-Formigueiros-Lagoa da Lucenza e de volta á Seara.

Así, seguindo o trazado do Quiroga Trail Challenge, que terá lugar o último fin de semana de febreiro, as persoas participantes percorrerán unha distancia de 15 km desde A Seara.

Desta maneira, subirán polo Val das Forgas cara a Formigueiros e logo voltarán pasando pola Lagoa de Lucenza e a Fervenza do Fócaro.

En definitiva, será unha ruta circular de dificultade media/alta por terreo de montaña, sendeiros e pistas de arredor de 1.000 metros de pendente.

O técnico deportivo de media montaña Guillermo Díaz será o guía desta iniciativa, para a que se require de botas de monte ou zapatillas de Trail, bastóns, mochila pequeña para levar auga, roupa deportiva e cómoda por capas.