Skip to main content
Quiroga

O refuxio de animais de Quiroga vén de ser mellorado

O concelleiro de Medio Rural, Medio Ambiente e Xuventude de Quiroga, Luís Manuel Arias, achegouse para ver as instalacións do refuxio de animais do Polígono Industrial de Quiroga, que foron escenario de melloras.

Os arranxos consistiron en engadir unha capa de grava no recinto fóra dos habitáculos dos animais, unha zona común que se utiliza para que os cans poidan saír a correr.

O concelleiro aproveitou a visita para recordar que o refuxio de animais busca persoas que se fagan cargo dos cans que se atopan nas súas instalacións, varios cadelos de diferentes razas. Estes animais sairán das instalacións con todo pagado: o microchip obrigatorio, a desparasitación e as vacinas necesarias.

As persoas que queiran máis información ou como facerse cargo dalgún destes animais deben poñerse en contacto co servizo que supervisa o refuxio de animais a través do teléfono 636 693 500 ou na casa consistorial.