Skip to main content
O Saviñao

Multitude de veciños e veciñas do Saviñao desfrutaron do concerto de Gin Toni’s no Círculo Saviñao

Por 2 Xaneiro, 2024Xaneiro 3rd, 2024Sin comentarios

O Círculo Saviñao acolleu unha festa de Fin de Ano para todos os veciños e veciñas de Escairón e os de arredor do municipio que quixeron desfrutar desta noite en compañía dos seus veciños.

Así, a noite deu comezo Deu comezou cunha actuación para os socios máis veteranos da man de Nuncy Valcarcel e, a eso das 4 da mañá, tomou o relevo o grupo Gin Toni’s que, coma todos os anos, congregou a multitude de veciños que non se quixeron perder o seu concerto número 100 de 2023.

Desta maneira, houbo música, claro, pero tamén moitas ganas de pasalo ben e dar unha calurosa benvida a este ano que acaba de empezar.