Skip to main content
Axenda SARRIAXADeportes SARRIAXASarria

A II Concentración Moteira de Sarria Bikers celebrarase en maio

Por 11 Xaneiro, 2024Xaneiro 12th, 2024Sin comentarios

Trala boa acollida e participación que tivo o ano pasado a primeira concentración moteira de Sarria Bikers, este ano os seus organizadores veñen de anunciar que van volven repetir a iniciativa.

Así, a segunda concentración moteira de Sarria Bikers terá lugar os vindeiros 10, 11 e 12 de maio na vila de Sarria, que incluirá rutas turísticas polos concellos da comarca.

Ademais, nesta nova edición, haberá tamén bolsa de benvida, stunt, concertos, xogos novos, pinchos e moito máis por descrubir, sorpresas que non queren desvelar.