Skip to main content
Axenda SARRIAXAParadela

Paradela contará cunha gran exposición de coches na súa primeira ‘KDD Shotsontheroad’

A Asociación de Mulleres de Paradela organiza a primeira ‘KDD Shotsontheroad’ que consiste nunha quedada de persoas que irán nos seus coches, xerando unha gran exposición de vehículos de todo tipo.

Así, haberá máis de 150 prazas para coches que poderán entrar no mercado gandeiro de Paradela para as persoas interesadas en participar, que deberán apuntarse a través do correo shotsontheroad@gmail.com e pagar un custo de 10 euros, que incluirá consumición, rifa para un sorteo e unha pegatina.

Nesta iniciativa, ademais do sorteo, haberá foodtruck, sesión vermú, Dj, proba de son, valoración do coche máis antiguo, máis lonxano e o favorito do público, que participará sen inscrición.

Esta xornada terá lugar de 11.30 a 21.30 horas, cando terá lugar a saída dos coches, o vindeiro 8 de xuño.