Skip to main content
Comarca SARRIAXALáncaraO IncioO PáramoParadelaSamosSarriaTriacastela

Sae a licitación o servizo de atención temperá para os concellos da comarca de Sarria

O Concello de Sarria vén de sacar a licitación o servizo de atención temperá para os sete municipios que compoñen a comarca de Sarria (Sarria, Samos, Láncara, O Páramo, O Incio, Triacastela e Paradela).

O orzamento será de 407.044 euros e por un periodo de dous anos, nos que se atenderá a nenos e nenas de entre 0 e 6 anos e as súas familias con 203.000 euros por ano.

Así, para o financiamento deste custo, os sete concellos teñen concedida unha subvención por parte da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade de 322.432 euros para o curso 2022-2024 e outros 23.453 despois.

Desta maneira, as empresas interesadas en ofrecer os seus servizos xa poden participar ata o día 18 deste concurso, que é a cuarta vez que sae a licitación, xa que os anteriores quedaron anulados ou impugnados.