Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

O Club Billar Snooker Sarria acollerá de novo alumnado para as súas escolas deportivas de billar

O Club de Billar Snooker Sarria segue promovendo as escolas deportivas de billar nas modalidades de snooker e pool un ano máis no municipio.

Así, abriuse un prazo de inscrición ata finais do mes de xaneiro para que as persoas que queiran poidan apuntarse a estas escolas de billar, tanto nenos como adultos, como xa o fixeron o ano pasado.

Desta maneira, a intención é poder comezar coa actividade lectiva a mediados de febreiro e rematar en xuño coas festas do San Xoán.

Ademais, o Club Billar Snooker Sarria ten como atractivo que este ano volve ser sede nacional da Liga Nacional de Snooker e ademais este ano é o encargado de organizar o campionato galego de snooker, que terá lugar nas instalacións do club sarriao.