Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

Mateo Fernández, alumno da AC Taekwondo de Sarria, competirá por primeira vez co cinto negro

Desde a AC Taekwondo de Sarria informan de que esta fin de semana Mateo Fernández competirá en categoría junior no Campionato Galego Absoluto de combate, poomsae e freestyle.

Así, tras conseguir chegar a acadar o cinto negro, o deportista competirá no seu primeiro campionato, que terá lugar en Monforte, como cinto negro na súa categoría, junior.

Ademais, o profesor da escola, Álex Losada, ou máis coñecido como Álex Camba, acompañarao, xa que tamén compite neste campionato, pero na categoría sénior 1 masculino e en categoría equipos menos de 30, cos seus compañeiros Marco e Carlos do Club Neka de Monforte.