Skip to main content
Deportes SARRIAXAO Páramo

Xa hai data de celebración para o Campionato de Descenso DH Molinos no Páramo

Por 18 Xaneiro, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

O Campionato de Descenso deste ano 2024 DH Molinos terá lugar, un ano máis, nos montes do Concello do Páramo dentro da Copa Galicia da Federación Galega de Ciclismo.

Así, este ano será o vindeiro 23 de marzo, xornada na que terán lugar os remontes, de 09.00 a 14.00 horas, a manga clasificatoria, ás 15.00 horas, e a manga final, ás 16.30 horas.

O DHG Team Galicia, que organiza esta iniciativa cada ano, animan a participar neste evento no que haberá premios para os gañadores, que no ano anterior foron Marco Veiga Amado, Iván Mourelo e Víctor Mariño.