Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

O sarriao Gussy competirá no campionato do mundo de snooker

Por 31 Xaneiro, 2024Febreiro 1st, 2024Sin comentarios

Juan Pedro Durán, máis coñecido como Gussy, participará en Albania o campionato do mundo de snooker da World Snooker Federation, sendo o sarriao o único español convocado para facelo.

Gussy vén de competir os días 18 e 21 en Valencia nos campionatos nacionais de snooker, nos que conseguiu a medalla de bronce, polo que foi chamado para participar no mundial.

Así, o evento terá lugar en Golem desde este sábado e ata o 11 de febreiro, momento no que 200 xogadores profesionais de todo o mundo  competirán por conseguir o título mundial da federación, cun premio dunha tarxeta de profesional para o circuíto da WSF.

Neste mundial Gussy enfrontarase ao tailandés Wiphu Phuthisabodi, o libio Seraj Eldughrey, o albanés Elmehdi Faggane e o inflés Tony Knowles.

Pola súa parte, Gussy sostén que o seu obxectivo é dar a súa mellor versión e nivel de xogo e analizar o seu progreso despois de tres anos dedicados á disciplina “máis difícil do billar”.