Skip to main content
O Incio

A Furgoteca volve ao Incio os vindeiros 15 e 22 de xaneiro

Por 3 Xaneiro, 2024Xaneiro 4th, 2024Sin comentarios

O servizo de Bibliotecas Móbiles de Galicia, a Furgoteca, volverá, unha vez máis ao Incio os vindeiros días 15 e 22 de xaneiro para dar servizo a todas as persoas e, en concreto, nenos e nenas que queiran achegarse.

O primeiro día será o vindeiro luns 15 de xaneiro, que comezará o seu percorrido en Eirexalba ás 11.00 horas, logo irá ata Laiosa, ás 12.00 horas. Máis tarde, ás 14.00 horas viaxará ata A Cervela onde parará no centro sociocultural, e por último rematará no Val do Mao de Santo Eufrasio ás 15.00 horas.

Pola súa parte, o día 22 a ruta terá só unha parada, xa que estará diante do centro sociocultural de Santa Cruz do Incio de 12.50 a 15.30 horas, compartindo libros e servizos dixitais coas persoas interesadas.