Skip to main content
O Incio

Os Reis Magos visitarán a residencia de maiores e as rúas do Incio este sábado

Por 4 Xaneiro, 2024Xaneiro 5th, 2024Sin comentarios

O Concello do Incio e a Asociación Cultural As Xeitosas organizan unha cabalgata de Reis para este vindeiro 6 de xaneiro á que poderán asistir todos os nenos e nenas do municipio e as súas familias.

As Súas Maxestades farán a súa primeira parada na residencia da terceira idade, do Incio, onde pasarán un tempo cos usuarios maiores e dependentes do municipio para alegrarlles o día.

Así, despois, a saída desde alí será ás 17.30 horas, facendo un percorrido polas rúas da vila que rematará no local multiusos do Concello do Incio, onde haberá agasallos, roscón de reis e chocolate quente para todos e todas.

A partir das 16.00 horas un paxe real estará no local multiusos preparando a entrega de agasallos que queiran achegar as familias para que logo os Reis os entreguen aos nenos.