Skip to main content
O Incio

As persoas interesadas no traballo de peón no Concello do Incio aínda poden presentar a documentación

O Concello do Incio sacou unha praza para un emprego de peón de servizos múltiples no municipio como persoal laboral temporal.

As persoas interesadas neste posto de traballo, que será a xornada completa durante seis meses, aínda poden presentar a súa documentación no rexistro xeral do Concello ata mañá, entre as 08.00 e as 15.00 horas ou a través da sede electrónica do Concello do Incio.

Este posto de traballo enmárcase no programa da Deputación Provincial de Reforzo do Emprego do Plan Único 2023.