Skip to main content
O IncioO Páramo

A SD O Páramo e O Incio CF enfrontaranse este domingo na primeira ronda da Copa Deputación

Este domingo, 7 de xaneiro, comeza a Copa Deputación na que participarán os equipos de 2ª e 3ª liga autonómica e, con motivo desta iniciativa, a SD O Páramo e O Incio Terra Brava CF enfrontaranse.

O encontro disputarase no campo de fútbol da SD O Páramo, é dicir, nas Rapadas, a partir das 16.00 horas da tarde, momento no que se espera moita afluencia de afeccionados que se achegarán a animar aos seus respectivos equipos.

Desde a SD O Páramo animan aos seus xogadores a “comezar o ano da mellor maneira”, que é gañando aos contrincantes, mentres que no Incio CF esperan poder estar á altura.