Skip to main content
Láncara

Láncara acolle dúas xornadas formativas para os veciños da man da Deputación de Lugo

Por 24 Xaneiro, 2024Xaneiro 25th, 2024Sin comentarios

O Concello de Láncara e a Deputación de Lugo, a través do Programa Xuntos de impulso de participación cidadá e asociacionismo da provincia, organizan unhas xornadas no municipio lancarés para os veciños e veciñas.

Así, o vindeiro 2 e o 9 de febreiro ás 10.30 horas terá lugar unha xornada sobre o uso do smartphone; mentres que o 3 de febreiro ás 11.00 horas terá lugar unha xornada sobre nutrición e hábitos saludables.

Poderán acudir a calquera das dúas todas as persoas que estean interesadas nalgún ou nos dous temas que se van tratar, xa que é aberta a toda a poboación.