Skip to main content
O Páramo

Raúl Taboada dedícalle un capítulo enteiro ao Páramo na súa obra ‘Episodios, Escola de Andainas’

Raúl Taboada, o escritor paramés, vén de publicar a súa sexta obra, ‘Episodios, Escolma de Andainas’, retomando así a súa obra en lingua galega.

Esta obra, que se compón de relatos cortos, ten moitas referencia ao Páramo, á familia e ten unha intención didáctica cara aos seus lectores sobre o comportamento con respecto ao diñeiro e coas persoas.

O máis interesante é que ten reflexións e tamén pinceladas biográficas, e dedica un capítulo enteiro ao Páramo, a súa terra natal, que di estar sempre no seu corazón.