Skip to main content
O Páramo

O Páramo acolle a finais de xaneiro o servizo de Inspección Técnica de Vehículos agrícolas

Unha unidade móbil de inspección técnica, a ITV, estará no Concello do Páramo entre os vindeiros días 17 e 24 de xaneiro, concretamente ao lado do polideportivo.

Así, durante oito días, as persoas que queiran achegar o seu vehículo agrícola ata a ITV para pasar a revisión, poderán facelo se antes pediron cita previa.

O horario no que estará dispoñible o servizo será de 09.00 a 13.30 horas pola mañá, e de 15.15 a 18.00 horas pola tarde, agás o 19, que só estará pola mañá.