Skip to main content
O Páramo

O Páramo acolle unha comida veciñal polo San Antonio o vindeiro día 20 de xaneiro

A veciñanza do Páramo celebra unha comida veciñal e festa polo San Antonio este vindeiro sábado, 20 de xaneiro.

Así, a festa comezará ás 12.00 horas coa misa e procesión e logo seguirá coa comida a cargo da Pulpería María Valiña, que traerá polbo para todos os asistentes.

Ademais, a tarde estará amenizada pola música do Dúo Tropical, coa que as persoas asistentes poderán bailar ata que cansen.