Skip to main content
O Páramo

Xa está a ITV agrícola no Concello do Páramo e permanecerá ata o 24 de xaneiro

Unha unidade móbil de inspección técnica, a ITV, está xa no Concello do Páramo ata o 24 de xaneiro, concretamente ao lado do polideportivo, para dar servizo aos veciños.

Así, durante oito días, as persoas que queiran achegar o seu vehículo agrícola ata a ITV para pasar a revisión, poderán facelo se antes pediron cita previa.

O horario no que estará dispoñible o servizo será de 09.00 a 13.30 horas pola mañá, e de 15.15 a 18.00 horas pola tarde, agás o 19, que só estará pola mañá.