Skip to main content
O Páramo

Aprobados os orzamentos do Concello do Páramo con case 2 millóns de euros

O Concello do Páramo vén de aprobar os seus orzamentos para o ano 2024 nun pleno no que o PP votou a favor e a oposición, de Galicia Sempre, abstívose.

Así, en total serán 1.191.072,87 euros os presupostos con que se contarán durante este exercicio para investimentos reais, como o arranxo de varias pistas municipais, para o que se contará con 163.850 euros.

Ademais, continúa a tramitación para sacar adiante a residencia de maiores, un dos grandes obxectivos do alcalde, José Luis López, cando saíu elixido alcalde nos comicios de 2023.