Skip to main content
Samos

Manuel Darriba e Aida Alonso presentan o libro ‘Pedro, o piloto de gaivotas’ no Ceip Samos

O libro ‘Pedro, o piloto de gaivotas’ de Manuel Darriba será presentado no Ceip de Samos entre as 11.50 e as 13.00 horas.

A iniciativa, que vén promovida polo servizo de bibliotecas de Galicia, a Furgoteca, contará tamén coa participación da ilustradora da obra, Aida Alonso.

Esta actividade está aberta a todas as persoas que queiran achegarse, xa que tamén haberá un obradoiro de ilustración para os nenos e nenas do colexio e outros que queiran participar.