Skip to main content
Sarria

Tres exposicións promovidas polo Concello de Sarria aínda poden visitarse

Por 3 Xaneiro, 2024Xaneiro 16th, 2024Sin comentarios

Sarria acolle durante ata o vindeiro 12 de xaneiro tres exposicións co fin de dinamizar o Nadal 2023/24 na programación do Concello de Sarria.

A mostra ‘Materiais de uso habitual de persoas con discapacidade’ na Casa da Cultura pódese visitar de 9.30 a 13.30 horas e de 17.00 a 19.00 horas. No caso de desexar unha visita guiada, é preciso concertala chamando ao teléfono 620 870 846.

Por outra banda, segue activa a exposición fotográfica ‘Vacas e terra’, de Matías Oñate, na Antiga Prisión Preventiva; así como a exposición ao aire libre ‘Matías López, un sarriao no século XIX’, que se pode visualizar na praza da Vila.