Skip to main content
Sarria

O alumnado do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria recibiu unha formación sobre os terremotos

Carlos Núñez Temes, profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñería do Campus Terra, impartiu unha charla sobre terremotos para o alumnado de 4ª ESO e de 2º de BAC do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria.

Durante esta iniciativa, enmarcada no programa Ponte entre o ensino medio e a USC e no Club de Ciencia do IES, o alumnado descubriu aspectos sobre os movementos sísmicos e os motivos polos que os terremotos se producen en Galicia.

O ponente explicou a frecuencia con que se producen, a súa magnitude e a intensidade con que se senten, e rematou comentando algunhas cuestóns sinxelas sobre o deseño de estruturas en zonas sísmicas.