Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAMuras

O Trail das Bestas acollerá o Campionato de Galicia de Trail Running de maratón

Por 8 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O Trail das Bestas de Muras confirmou xa a súa próxima celebración, que terá lugar o 7 de xullo na Serra do Xistral, na que é a súa sétima edición.

Pero, este ano, esta dura proba de resistencia, será tamén sede do Campionato de Galicia de Trail Running na distancia maratón.

A maiores disputaranse todas as modalidades clásicas do Trail das Bestas, sendo puntuables para o Ránking Galego de Trail Running G1 as categorías Maratón (Campionato de Galicia), Classic (27k), Preclassic (12k) e a andaina na Serra do Xistral.

O evento contará con premios directos e sorteos do patrocinador do circuíto, Lurbel así como unha gran cantidade de actividades para adultos e pequenos.

O Trail das Bestas, que ten experimentando un importante impulso nos últimos anos, xa é unha cita obrigada para estes atletas. O ano pasado participaron 250 deportistas nas diferentes categorías e estrearon itinerario.