Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Crúas presenta na casa-museo de Manuel María a súa proposta musical

Por 23 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Crúas estará este sábado, 27 de xaneiro, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María para presentar a súa proposta musical. Crúas é un dúo de piano e voz, conformado por Alba Ermida, cantante e clarinetista, e Iria San Marcial, pianista, que nace para pór música a palabras de poetas galegas como Rosalía, Xela Arias, Olga Novo, Darío Xohán Cabana, Helena Villar Janeiro, Uxío Novoneyra, Luz Pozo Garza, Manuel Rivas, Mª Victoria Moreno, etc.

Poemas feitos cancións, melodías que transportan mensaxes, notas que evocan imaxes. Así, con esta definición, se presenta Crúas. Unha formación cun traballo coidado de composición e arranxo, onde agroma unha música das entrañas, íntima e delicada, que non se deixa clasificar en ningún xénero concreto.

Para asistir ao concerto é preciso facer reserva (billete: 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698117621