Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Outeiro de Rei convoca de novo o concurso de disfraces de Entroido

Por 24 Xaneiro, 2024Xaneiro 25th, 2024Sin comentarios

Un ano máis, con motivo do Entroido 2020, o Concello de Outeiro de Rei organiza por XXV edición do concurso de disfraces. A cita terá lugar o día 11 de febreiro (domingo de Entroido) a partir das 17.00 da tarde na praza da Vila, baixo carpa cuberta e amenizado polo grupo D´NIKA .

O prazo para anotarse permanecerá aberto do 29 de xaneiro ao 9 de febreiro na casa da cultura de 10.00 a 14.30 horas ou ben o mesmo día de 17.00 a 17.45.

Xa están a disposición de todas as persoas interesadas as bases do concurso así como as follas de inscrición e información do mesmo, na paxina web do Concello.

A contía dos premios ascende a 2.080 euros. Premiarase ás tres mellores comparsas con 500, 300 e 200 euros. Os premios por parellas serán de 200 e 120 euros e en individual 150 e 100 euros, o mesmo que recibirán os dous mellores disfraces da categoría infantil.

Finalmente haberá tres premios especiais. Haberá un premio para comparsas de Outeiro de Rei, que ascende a 150  euros, e premios especiais do xurado de 90, 50 e 30 euros para outorgar a elección do xurado.