Skip to main content
As Pontes

Supervisan o funcionamento do Green Coworking posto en marcha por Seara

Por 2 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O Centro de Empresas da Asociación de Empresarios Seara das Pontes recibiu a visita da deputada Rosana García, responsable das áreas de Educación, Cultura, Servizos Sociais, Igualdade e Turismo, que puido visitar as instalacións acompañada do presidente da entidade, José Castro.

Na reunión posterior, a deputada provincial mostrouse moi interesada en todos os proxectos que se levan a cabo desde Seara e prestou especial atención ao Green Coworking.

Este proxecto, no que colabora a Deputación da Coruña e o Concello das Pontes, alberga na actualidade a 11 empresas relacionadas coas enerxías renovables e o hidróxeno. Ademais de varias iniciativas que son provedores desta tipoloxía de empresas.

O Green Coworking é un proxecto que leva funcionando un ano e medio e forma parte da rede de espazos coworking da Deputación da Coruña.